5ª edición

Concurso X Talento Challenge

O concurso de emprendemento social e innovación que transforma ideas en impacto positivo.

Se tes entre 14 e 21 anos e unha idea para mellorar a túa contorna, este é o teu momento. Participa no Concurso X Talento Challenge, desenvolve o teu proxecto xunto a un equipo inclusivo e convérteo nunha realidade co apoio de profesionais da mentoría.

Que é X Talento Challenge?

O Concurso X Talento Challenge é unha iniciativa de Fundación ONCE que impulsa o emprendemento social e a innovación entre mozos e mozas con e sen discapacidade. En equipos inclusivos, as persoas participantes identifican un reto dentro da súa contorna e desenvolven unha proposta con impacto social positivo, co acompañamento de profesionais e persoas expertas durante todo o proceso.

Emprendemento social:

Converte unha idea nun proxecto con impacto real.

Equipos inclusivos:

Colabora con mozos e mozas con e sen discapacidade para xerar solucións máis innovadoras.

Aprendizaxe e experiencia:

Desenvolve competencias, recibe mentoring e presenta o teu proxecto perante un xurado profesional.

Descubre como se vive o concurso

Fases do Concurso

O concurso desenvólvese en dúas fases que permiten transformar unha idea inicial nun proxecto de impacto social, co acompañamento de profesionais durante todo o percorrido.

Fase 1

Presentación da idea

Os equipos identifican un reto da súa contorna e presentan unha primeira idea de proxecto a través dun modelo de Canvas, apoiándose en materiais didácticos e recursos deseñados para facilitar esta primeira fase.

Fase 2

Desenvolvemento do proxecto

Os 25 equipos seleccionados desenvolven o seu Plan de Proxecto co acompañamento de profesionais de empresas colaboradoras e o apoio de materiais específicos para cada etapa do proceso.

Fase final

Valoración de proxectos

Período de avaliación das propostas recibidas para coñecer as mellores ideas finalistas.

Evento final en Madrid

Os cinco equipos finalistas participan nun encontro presencial en Madrid con actividades exclusivas, presentan o seu proxecto perante un xurado profesional e descobren en directo o veredicto do Concurso X Talento Challenge.

Ademais, durante todo o concurso, os equipos contarán con recursos e apoio para facilitar o desenvolvemento do seu proxecto:

Materiais didácticos:

Guías, exemplos e recursos adaptados a cada fase do concurso.

Materiais accesíbeis:

Algúns contidos estarán dispoñíbeis en lectura fácil para facilitar a comprensión cando sexa necesario.

Asesoramento pedagóxico:

Os equipos poderán solicitar titorías en liña coa asesora pedagóxica do concurso.

Quen pode participar?

O Concurso X Talento Challenge está dirixido a mozos e mozas de 14 a 21 anos que queiran transformar unha idea nun proxecto con impacto social positivo. A participación realízase en equipos inclusivos, acompañados durante todo o concurso por unha ou dúas persoas titoras, que serán responsábeis da inscrición e do seguimento do proxecto.

TOTAL
INTEGRANTES EQUIPO
Mínimo de integrantes
SEN discapacidade
Mínimo de integrantes
CON discapacidade
5-6 1 1
7-10 2 2

A Fundación ONCE resérvase o dereito de solicitar a comprobación documental mediante a entrega dos certificados oficiais de discapacidade das persoas integrantes que declaren esta condición.

Centros educativos

ESO, Bacharelato, Formación Profesional, Educación Especial e outras modalidades educativas.

Entidades sociais

Asociacións, fundacións e organizacións que traballen con persoas mozas con e sen discapacidade.

Mentoría

Un dos grandes valores do Concurso X Talento Challenge é o acompañamento de profesionais de empresas colaboradoras que axudan os equipos a converter as súas ideas en proxectos viábeis.

Persoas mentoras especializadas - Profesionais con experiencia acompañan os equipos durante a Fase 2.

Acompañamento personalizado - Cada equipo recibe orientación para desenvolver e mellorar o seu proxecto.

Premios do Concurso
X Talento Challenge

2 premios de 5000 €

Dos 25 equipos que desenvolvan o seu proxecto, o Xurado seleccionará 2 equipos gañadores, cada un dos cales recibirá 5000 € netos para poñer en marcha o seu proxecto.

Tarxetas de agasallo

As persoas integrantes de cada equipo gañador recibirán unha tarxeta de agasallo por valor de 100€.

Tableta

As persoas titoras responsábeis dos equipos gañadores recibirán unha tableta pola súa implicación e polo seu apoio ás persoas participantes.

Mencións especiais

Mencións especiais para 3 dos equipos finalistas, que recibirán tarxetas de agasallo por valor de 50 € para as persoas integrantes e un bono para gozar nos hoteis ILUNION para as persoas titoras responsábeis.

Proxectos gañadores

Descubre algúns dos proxectos que xa demostraron que unha boa idea pode converterse nunha solución con impacto real.

Galería fotográfica

Revive algúns dos mellores momentos do Concurso X Talento Challenge a través de imaxes das distintas edicións.

Moito máis que un Concurso

Docentes, participantes e mentores/as comparten como foi a súa experiencia no Concurso X Talento Challenge e que supuxo formar parte desta iniciativa.

Bernardo Longa (Titor 4.ª edición)

Colexio Montecastelo (Vigo)

Tanto para os alumnos como para min foi un recoñecemento moi especial, porque sentimos que pon en valor non só unha idea tecnolóxica, senón tamén unha forma de entender a innovación como unha ferramenta para axudar aos demais e para facer que o deporte sexa un pouco máis accesíbel, seguro e inclusivo para todos.

Santiago Sánchez (Xurado en varias edicións)

Inserta Empleo Andalucía

Alén de que algunhas ideas xa existan, todas as iniciativas achegan valor á súa contorna máis próxima e poñen en xogo aspectos tan importantes como a creatividade, o traballo en equipo, a organización e o espírito emprendedor na mocidade, algo que merece un recoñecemento especial.

Jesús de Miguel González

Escuela Virgen de Guadalupe (Badaxoz)

Para min, participar en X Talento Challenge marcou un antes e un despois na miña forma de entender a actitude emprendedora e o traballo colaborativo, sobre todo enfocado en crear solucións que melloren a nosa contorna e a sociedade. Actualmente sigo cursando os meus estudos de Grao e podo dicir que o concurso foi unha experiencia que nunca esquecerei.

Luis Miguel Álvarez

Escuela Virgen de Guadalupe (Badaxoz)

Apostamos polo emprendemento social para formar alumnos competentes, conscientes, compasivos e comprometidos. X Talento Challenge ofrécenos recursos e mentorías clave para formar intraemprendedores e, sobre todo, un espazo de inclusión real onde os nosos alumnos con diversidade funcional participan en igualdade.

Elena García Caballero (Xurado e Mentora en varias edicións)

DXC

Tres edicións, tres proxectos, tres leccións de vida. Ser mentora do X Talento Challenge con DXC permitiume acompañar a Tech Up Down, do cole de Cáceres, ata a súa mención especial; celebrar a vitoria de Inclustyle, o proxecto de moda inclusiva do cole de Cuenca; e embarcarme agora, en 2026, na aventura de Cabezudos Inclusivos xunto á asociación de Zaragoza. Poucas experiencias conseguen facer crecer tanto a unha persoa en tan pouco tempo: en coñecemento sobre discapacidade, en logopedia e en visión de negocio. E se tivese que resumir a gala final do hub de X Talento, non tería dúbida: pura emoción, talento e orgullo.Algo incríbel.